domingo, 30 de octubre de 2016

Reflexión Módulo 1. Celso


Tema 1. Marco de referencia da orientación laboral

No complexo mundo de mercado laboral e a busca de emprego, temos que falar en primeiro lugar dun elemento fundamental que actua ou debe actuar como intermediario e facilitador.  Trátase do Sistema Nacional de Emprego e engloba o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver a política de emprego. Temos que dicir, ademáis, que está integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.



Os destinatarios destes Servizos son persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo, persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio, e empresas.

A función principal do Servizo Público de Emprego Estatal é a da creación, desenvolvemento e seguimento das Políticas de Emprego, e tamén a de reforzar a coordinación entre todos os axentes que interveñen no mercado de traballo, garantindo a "igualdade de acceso, a cohesión social e a complementariedade entre a unidade de mercado e a diversidade territorial".

O Servizo Público de Emprego de Galicia ten asumidas as competencias en materia de traballo, emprego e formación, é dicir, o relacionado coa intermediación no mercado de traballo, xestión e control das políticas de emprego, centros nacionais de Formación Profesional de Emprego, comisións executivas provinciais e comisións de seguimento da contratación laboral e a potestade sancionadora.

Outro dos aspectos importantes deste tema é o das Políticas de Emprego. Falamos pois de políticas activas, é dicir, medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego, e por outro lado, as políticas pasivas, que teñen por obxecto a protección por desemprego.

Tamén se deben incluir todas as medidas para favorecer a contratación estable, como son os contratos de traballo en prácticas polas empresas de traballo temporal, a formación dual, o contrato de traballo por tempo indefinido para empredendores a tempo parcial, contratos para a formación e a aprendizaxe, etc.

Hai que coñecer asemade, a Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016, que contempla 100 medidas para impulsar a contratación xuvenil e o emprendemento.

Non debemos esquecernos da Estratexia de Activación para o Emprego, que se configura como o primeiro instrumento de coordinación do Sistema Nacional de Emprego. Falamos do marco plurianual para a coordinación e execución das políticas de activación para o emprego, incluíndo as políticas activas de emprego e de intermediación laboral.

Temos que incluir neste tema a política de emprego en Europa, así falamos da Estratexia Europea de Emprego 2020, dende donde se establecen as directivas e prioridades de emprego para os países da Unión Europea.

A nivel europeo, destacamos o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)  e o Fondo Social Europeo (FSE). Éste último, destina axudas á Formación Profesional, orientación, asesoramento e perfeccionamento, axudas ao emprego e ao autoemprego, axudas á formación de investigadores, melloras das estruturas e sistemas de formación, cualificación e de servizos de emprego, desenvolvemento de vínculos entre empresas e centros de formación e investigación, e desenvolvemento de sistemas que anticipen os cambios no emprego e as cualificacións.


Tema 2. O mercado laboral.

Unha das principais tarefas do orientador laboral é a de informar aos usuarios/as sobre as tendencias do mercado de traballo, adaptando os seus perfís profesionais cara a demanda, facilitando as vías de acceso á formación e reciclaxe.

Temos que coñecer cales son os elemento que conforman o mercado de traballo: a oferta e a demanda de traballo e o equilibrio entre ambas.

Outro dos conceptos clave no mercado de traballo é a Enquisa de Poboación Activa (EPA): Activos, Ocupados (traballadores por conta propia e asalariados) e Parados. E dentro deste término, tamén falamos de taxa de Actividade, taxa de Paro e de taxa de Desemprego.

Non olvidar os distintos tipos de paro: Paro Estrutural, Paro Friccional, Paro cíclico e Paro Estacional.

En canto ao mercado de traballo actual é importante coñecer o funcionamento do mercado laboral da zona e do comportamento das ocupacións para poder tomar unha decisión en relación ao obxectivo profesional que se busque.

É importante tamén coñecer a normativa actual que regula o mercado de traballo, e para iso podemos consultar o Portal do Servizo Público de Emprego Estatal e o Portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o portal do Instituto Galego de Saúde Laboral e o portal do IGAPE, entre outros.

Temos que consultar, asimesmo, os Novos Xacementos de Emprego, é dicir, aqueles conxunto de actividades que posuen maior capacidade de potenciar novos empregos.

Unha ferramenta imprescindible é a Clasificacións Nacional de Ocupacións CNO-11.

Dentro dos instrumentos e ferramentas para o estudio do mercado de traballo contamos co Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal, co Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego de Galicia e co Observatorio Europeo de Emprego (OEE).

Saber cómo e ónde traballar tamén é unha das funcións que debemos coñecer os orientadores para poder informar e asesorar ás persoas que veñen á orientación.



Tema 3. Certificación e formación profesional.

Neste tema empezamos definindo os conceptos de Cualificación Profesional (=conxunto de competencias profesionais, con significación para o emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a través da experiencia laboral) e Competencia Profesional (=conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da producción e o emprego).

Polo tanto, é imprescindible que coñezamos o Catálogo Nacional de Competencias Profesionais (CNCP)  e o Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP) que persigue identificar as competencias requiridas para o emprego, imprescindibles para a inserción laboral.

Detállase neste tema a Estrutura da Cualificación Profesional e todo o sistema para adquirir ás distintas competencias e/ou módulos formativos.


Tema 4. Política Social e de emprego na Unión Europea.

Os obxectivos deste tema son:
  • Xestionar correctamente a información da UE e orientar aos nosos usuarios/as para que poidan beneficiarse dos programas, axudas, subvencións, becas, etc, cara a mellorar a súa empregabilidade tanto por conta allea como por conta propia, ou ampliando a formación académico profesional.
  • Poder facilitar aos usuarios/as que desexen ir a traballar ou estudar nalgún país da UE a información necesaria para desenvolverse con facilidade no país de destino.
A orixe das políticas sociais e de emprego na Unión Europea está nos Tratados de Amsterdam e Lisboa.

Institucións e Organismos Comunitarios en materia de emprego son: Comisión Europea (Emprego, Asuntos Sociais e Fondo Social Europeo), Parlamento Europeo (Comisión de Emprego e Asuntos Sociais), Consello da Unión Europea (Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores) e Comité Económico Social Europeo (Sección de Emprego, Asuntos Sociais e Ciudadanía).

En canto a mobilidade de traballadores pola Unión Europea, tomamos como referencia a Rede EURES: Rede Europea de Servizos de Emprego, xa que é a encargada en proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación/colocación (procura de emprego) aos traballadores e empresarios.

Á hora de falar dos fondos para o financiamento das políticas de emprego, referímonos aos Fondos Estruturais (FSE), creados no ano 1957 para promover o emprego e o desenvolvemento dos recursos humanos da Unión.

Outro recurso que debemos coñecer é o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), que trata de axudar aos traballadores a atopar emprego e desenvolver novas competencias cando perderon o seu posto de traballo a consecuencia de cambios nas pautas comerciais mundiais (peche de grandes empresas, deslocalizacións fóra da UE, etc.)

Outros programas: PROGRESS, EURES e microfinanciamento Progress.

Tema 5. A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

Unha das formas que teñen as persoas para acceder ao mercado laboral é o autoemprego. De todos los xeitos, non é unha cuestión fácil de resolver. Ainda que ao principio da crise, aproximadamente no ano 2008, baixou a iniciativa emprendedora e continuou ata o 2011, logo tivo un pequeno repunte, pero agora volve a describir unha pequena caida. 

Despois de diversos estudos sobre o tema do emprendemento levan a unha serie de conclusións:
  • A necesidade de mellorar de maneira urxente a falta de acceso ao financiamento.
  • A reducción de trámites para crear unha empresa.
  • A implantación de materias que fomenten o espírito emprendedor na etapa escolar e 
  • Unha formación específica que proporcione mecanismos para o recoñecemento das oportunidades.
Ainda que a creación de empresa non é a solución a tódolos problemas existentes, parece, sin embargo que existe un consenso entre tódolos idearios políticos nos incuestionables beneficios sociais de fomentar a cultura emprendedora e impulsar a creación de empresas ao constatar os seguintes efectos:
  • Creación de emprego.
  • Creación de riqueza e benestar social.
  • Aumento da competitividade.
Unha forma diferente de facer empresa é a que xurde baixo a fórmula do Emprendemento Social, en donde o obxectivo non é obter máximos beneficios senón cubrir necesidades, ainda que deban ser eficientes e rendibles. Estamos a falar de:
  • As Cooperativas.
  • As Sociedades Laborais.
  • Os Centros Especiais de Emprego.
  • As Empresas de Inserción. 
  • As Cofradías de Pescadores.
  • As Asociacións.
  • As Fundacións.
Neste tipo de empresas o que prima é a persoa frente ao capital, que se considera un mero instrumento.



Outro punto fundamental deste tema é a que indica cales son os elementos esenciais da creación de empresas:

  • A Idea (Que?)
  • A persoa emprendedora (Como?).
  • Plan de Empresa (Quen? e Por que?).

PARA SABER MÁIS:












1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar